Aberta a solicitude das axudas da Deputación para asociacións culturais lucenses
Venres, 18 Maio 2018 16:35
Aberta a solicitude das axudas da Deputación para asociacións culturais lucenses. O BOP xa publicou as bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades sociais na provincia. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural.
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&;contenido=36325&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1