Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / “Sons de maio para Mª Victoria Moreno” - Concerto da EMuF de Betanzos e da Tradescola en Lugo

“Sons de maio para Mª Victoria Moreno” - Concerto da EMuF de Betanzos e da Tradescola en Lugo

Varios

sons mariavictoria _final - pqO vindeiro mércores 16 de maio a partir das 19:30 horas, a Praza de San Marcos de Lugo converterase nun espazo de encontro para os amantes da cultura tradicional, xa que co gallo do día das Letras Galegas, a Tradescola (Asociación de Gaiteir@s Galeg@s) e a Deputación de Lugo organizan un concerto de escolas de música tradicional onde se renderá homenaxe á escritora e profesora Mª Victoria Moreno Márquez, a quen este ano se adica o día das letras.

“Sons de maio para Mª Victoria Moreno” é un concerto no que participarán a Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) e a Tradescola, en nel @s alumn@s e mestr@s das dúas escolas compartirán esceario para agasallar ao público presente con numerosas pezas da nosa música tradicional, onde non faltarán gaitas, acordeóns, percusións, cantareir@s, requintas, zanfonas e baile tradicional!!

Unha nova actividade de difusión da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional que ofrece a AGG na víspera das nosas letras!!!

Contamos con tod@s vos!!!!