Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Foliada de primavera no Castro (Begonte) organizada por Castiñeiro Milenario

Foliada de primavera no Castro (Begonte) organizada por Castiñeiro Milenario

Varios

foliada primavera_web pCastiñeiro Milenario organiza unha xornada de cultura e música tradicional, na que as protagonistas serán as nenas e nenos que se acheguen ata a parroquia do Castro (Begonte), onde, guiadas por Branca Villares, van aprender a facer un maio e botar unhas cantigas ao seu arredor. Xa pola noite a música será a protagonistra nunha nova edición da Foliada de Primavera.

Programa:

Comezaremos pola tarde cunha merenda para a cativada, chocolate e biscoito para coller forzas e ir apañar flores e fentos e xestas para facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións de Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor do maio, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera.

Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove, comezará a festa o grupo residente, Foliadeir@s do Castro, nesta ocasión moi ben acompañado pola Asociación A Legua Dereita desde O Corgo, As Cernellas de Santa María de Bóveda e para rematar, Troupelear desde Baralla. Ao remate, foliada aberta ata que os corpos aguanten.

 Toda a información na  páxina

https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/05/04/actos-foliada-de-primavera-e-maios/