Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Comunicado da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s a respecto da supresión do espazo “Diario Cultural"

Comunicado da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s a respecto da supresión do espazo “Diario Cultural"

Varios

diario cultural 2A CRTVG ven de decidir a supresión (na vindeira tempada) da emisión do emblemático programa Diario Cultural no seu actual formato.

Este espazo, conducido por Ana Romaní; é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega, emitíndose dende o ano 1990. Neste espazo cultural de información, análise e creación conflúen as novas expresións e distintos formatos artísticos en diálogo coa historia cultural.
A supresión deste espazo público destinado á cultura galega en todos os seus campos, atenta contra os propios criterios fundacionais da CRTVG e vén acompañada doutros cambios na programación tales como a eliminación das desconexións locais dos informativos, que consideramos que afectarán moi negativamente aos servizos que a CRTVG, como organismo público que é, debería prestar.
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, queremos expresar o noso total desacordo coa decisión da supresión do Diario Cultural e queremos transmitirlles todo o noso apoio á equipa do programa.