Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fuxan os Vento musica a María Victoria Moreno

Fuxan os Vento musica a María Victoria Moreno

Varios

fuxan luaprataCo gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático grupo de folk Fuxan os Ventos musica o poema “Lúa de Prata” da homenaxeada este ano 2018: María Victoria Moreno.

Fuxan os Ventos mergúllase na lírica da autora e enchóupaa da súa esencia, conseguindo que cada palabra vibre como unha nota máis desta melodía.

Esta canción pretende lembrar á escritora que tan fonda pegada deixou nas nosas letras, especialmente na literatura infantil e xuvenil.

Fuxan os Ventos, seguindo o ronsel doutros anos, volve render homenaxe ás nosas letras cunha harmonía de sons, na que voces, vento, corda e percusión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.

Colaboran neste tema Roi Adrio (percusións), Simón García (contrabaixo), Adrián Valdés (fagot) e Miguel Díaz (clarinete).

Podes ver o vídeo no Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=t8caJVBVGQY