Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Pesar polo pasamento de Otilio da Burela

Pesar polo pasamento de Otilio da Burela

Varios

img-20180428-wa0000Hoxe temos que lamentar o falecemento de Otilio Fernández García (Otilio da Burela).

Otilio naceu na Burela, parroquia de Carballido, A Fonsagrada. Foi conocido como” Otilio da Burela” ou “Otilio de Fernandín”; tocou a gaita dende neno observando a Constante de Valiña e a Alberto Rodríguez veciños de A Rebordela. De mozo acudia a todas as polavilas, festas ou reunións da contorna onde se reclamaba a presenza dun gaiteiro. Deixou de tocar a gaita ao casar, e no ano 94, cando acudiu a una xuntanza de gaiteiros na Fonsagrada, decidiu volver a retomala.

Otilio participou na celebración do 25 aniversario da AGG, e recentemente, na 23 edición do Xantar Gaiteiro celebrado na Fonsagrada, a AGG rendeulle unha merecida homenaxe xunto ao resto de tocadores da comarca da Fonsagrada.

O funeral de enterro será mañá domingo ás 17.00 horas na Iglesia parroquial de Carballido (A Fonsagrada).

D.E.P.

Fotografía realizada Florencio Rodríguez López.