Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / No vindeiro Recuncho Da Palleta, Vítor Otero falaranos da Sección de Gaiteiros da Banda Municipal de Lugo

No vindeiro Recuncho Da Palleta, Vítor Otero falaranos da Sección de Gaiteiros da Banda Municipal de Lugo

Varios

banda lugoNo vindeiro Recuncho Da Palleta,  acompañaranos Vítor Otero que falará da Sección de Gaiteiros da Banda Municipal de Lugo da súa historia e discografía. En 1963 gravaron o que é, probablemente, o único disco en solitario da Sección de Gaiteiros dunha Banda Municipal de Música.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembrade que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tedes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.