Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Milesios

No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Milesios

Varios

rumboia - copiaNo vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Milesios. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Milesios, banda que xurde en Lugo no 2009 para pór a nota tradicional no Penela Rock de Monforte. Unidos pola súa afección ás músicas galega e irlandesa, en febreiro de 2013, editan o seu disco de estrea, Alén mar. Catro anos despois presentan o seu segundo disco, Indoevindo gravado, mesturado e masterizado en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero. O traballo continúa a explorar as relacións entre a música galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de composición propia.