Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Airiños da Freba

No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Airiños da Freba

Varios

rumboia - copiaNo vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Airiños da Freba. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

A proposta de Airiños da Freba é unha divertida viaxe musical polas terras de Lugo, principalmente polos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando cuartetos, quintetos e sextetos, diversos conxuntos que xa incorporaban outros instrumentos de vento xunto coa gaita, amenizaban as nosas festas. Con máis de 2.000 copias vendidas deste seu primeiro traballo, gravaron un fermoso vídeo-clip con Antonio Durán Morris sobre o tema O Estraperlista. O Estraperlista é un tema baseado nunha canción popular da Coruña. Para eles, a palabra “freba”, en contraposición á normativa “febra”, identificaos coa provincia de Lugo. E, cando se aplica ás persoas, fano como sinónimo de coraxe, bravura e valentía. E á xente comprometida coa nosa música e cultura tradicional considéranna xente frebuda.