Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES NO CEIP CELSO CURRÁS DE TRABADA

A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES NO CEIP CELSO CURRÁS DE TRABADA

Varios

cartaz cdtrad_trabada-01 - pqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase ata Trabada, concretamente ao CEIP Celso Currás para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o luns día 16 de abril ás 10:15 horas. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Paula Fernández, Carme López e Branca Villares, amosaráselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, bailes e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.