V MEMORIAL HENRIQUE OTERO "AS OBRAS ADICADAS"
Martes, 10 Abril 2018 16:25
A V Edición do Memorial Henrique Otero "As Obras Adicadas", organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Radio Galega celebrarase en Vigo o sabado 21 de abril de 2018. Concretamente terá lugar no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. (Rúa Manuel Olivié, 23 – O Castro – Vigo) a partir das 19.30 horas.
Os grupos participantes nesta edición do Memorial son:
ABÓBRIGA
AGRUPACIÓN FOLKLÓRICA BREOGÁN DE MOAÑA
CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO
CONTRACOCHENO
LUMIEIRA
MAYEUSIS CONSERVATORIO DAS ARTES
NOITAREGA
PENAVEIRA
RAIGAMES
Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como el mesmo quería que o lembrasen, foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca. Foi un dos mellores expoñentes da tradición gaitística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.
Son moitos os méritos que habería que recoñecerlle a este gran gaiteiro, pero sen dúbida, o que maior pegada deixou para o futuro foi o de conseguir que foran recoñecidos, por primeira vez na historia, os estudos oficiais de gaita galega polo MEC no ano 1977.
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s gustarianos contar coa vosa presencia neste Memorial, esperámosvos a tod@s o vinderio día 21!!
Mais información:
http://educafolk.blogspot.com.es/2018/04/as-obras-adicadas-v-memorial-para-o.html