Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / VI Encontro de Escolas de Música Tradicional

VI Encontro de Escolas de Música Tradicional

Varios

encontro escolas betanzosO vindeiro 14 de abril terá lugar en Betanzos o VI Encontro de Escolas de Música Tradicional organizado pola Escola Municipal de Folclore de Betanzos. Neste encontro, está convidada a Tradescola, que compartirá esceario coa Emuf de Betanzos. As actuacións terán lugar a partir 12.30 horas na aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo pero antes, ás 12.00, as dúas escolas farán un pasarrúas polo centro urbano se o tempo o permite. Dende a Tradescola, queremos agradecer este convite para asistir ao encontro e formar parte así da historia do mesmo.