Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Tiruleque

No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Tiruleque

Varios

rumboia - copiaNo vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Tiruleque. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Tiruleque – Outro que tal baila

Neste ano 2018, Tiruleque presenta o seu terceiro traballo discográfico Outro que tal baila. Dez temas de composición propia e tradicionais con arranxos do grupo compoñen este disco que nos trae a frescura e calidade musical habitual no grupo coruñés. Tiruleque naceu como banda en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. Na actualidade, o grupo está composto por Antón Bueno (contrabaixo), Álex Fente (acordeón), Luís García (bombo con pratos, percusións e coros), Miguel Horjales (caixa, percusión, coros), Serxo Núñez (clarinete, gaita, percusións voz), Fernando Román (Saxo, clarinete, trompeta) e José A. Vázquez, (Gaita, saxo, percusións).