Acordo de colaboración entre o Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s
Martes, 03 Abril 2018 16:39
Esteban Valverde Corrales, director do Conservatorio Superior de Música de Vigo ( CSMVigo) e, Xoan Manuel Tubío Fernández, Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) asinaron no día de hoxe un acordo de colaboración que ten por obxecto o fomento, difusión e realización de actividades relacionadas coa música, o canto e o baile tradicional, posibilitando as actuacións das dúas entidades, en asesoramento, e intercambios de coñecementos no eido da música e cultura tradicional.
Tanto o CSMVigo como a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s teñen obxectivos comúns e complementarios nas súas áreas de traballo e aglutinan a moitas persoas relacionadas coa música. Coa sinatura deste convenio súmanse esforzos para establecer camiños de actuación conxuntos que favorezan e incrementen o beneficio mutuo, cunha cooperación activa no desenvolvemento de temas de interese común e un mellor aproveitamento dos recursos.
Na fotografía: Esteban Valverde Corrales, director do Conservatorio Superior de Música de Vigo ( CSMVigo), Xaime Estévez (Directivo da AGG) e Daniel Fernández (Directivo da AGG)