No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Leña Verde
Venres, 23 Marzo 2018 16:19
No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Leña Verde. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia
A Contratempo é o traballo que, no ano 2010, foi producido polo grupo Leña Verde no concello de Pol (Lugo). Un traballo colectivo de veciñas e veciños unidos polo amor á música e á terra que materializaron tres discos ate o de agora. Leña Verde de Pol (1998); Lares (2003) e A contratempo (2010). Leña Verde retomou, no ano 1994, o nome e a actividade dunha agrupación que mantivera a actividade cultural neste Concello lucense nas décadas dos 50 e 60. Daquela formación orixinal seguen no grupo actual José A. Brañanova, como percusionista; e Maruja Rielo desenvolvendo tarefas de produción.