Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / 1º Encontro de Música Tradicional Galega en Betanzos

1º Encontro de Música Tradicional Galega en Betanzos

Varios

encontro musica trad betanzosMañá, 24 de marzo, terá lugar o 1º Encontro de Música Tradicional Galega AsMuBe, organizado pola Asociación de Músicos de Betanzos, que reunirá nunha actuación conxunta, a mais de 100 músicos chegados de diferentes puntos de Galicia.
Actuarán:
Escola de Instrumentos Populares Galegos "Suso Vaamonde" , de Arcas da Condesa, Concello de Caldas de Reis
Escola Municipal de Música Tradicional, do COncello de Outes.
Escola de Instrumentos Populares Galegos AsMuBe, actuando como anfitrións, do COncello de Betanzos.
Lugar: Praza da Constitución, en Betanzos, inda que en caso de mal tempo, trasladarase ao Antigo Matadoiro, na Ribeira, tamén en Betanzos.
Horario:
18:00 Pasarrúas.
18:30 Actuación conxunta.
Interpretarán temas populares acompañados de gaitas, zanfonas, acordeóns, percusión diversa, frautíns, ocarinas e contará coa participación de máis de cen músicos, todos eles alumnos das tres escolas mencionadas.
A actuación será precedida por un breve pasarrúas ás 18:00 h, que percorrerá as principais rúas do casco vello da cidade. Seguidamente, a actuación conxunta das tres escolas será ás 18:30 h.
Entrada de balde !!