Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / No vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Chouteira

No vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Chouteira

Varios

 

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Chouteira. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Chouteira : A principios dos anos noventa apareceou Chouteira, un grupo que comezou sendo un quinteto tradicional ate evolucionar á formación máis ampla, sección de metais incluída, coa que rematarían a súa carreira. A súa primeira gravación foi un disco compartido que puideron gravar logo de vencer no IV Certame de música folk de Vilagarcía. Despois chegarían Chouteira, (Do Fol, 1995), Ghuaue, (Do Fol, 1997) e Folla de lata, (Do Fol, 2000), A formación de Chouteira sufriu algunha modificación dende os seus comezos, e na gravación do seu derradeiro traballo o grupo estaba integrado por: Ugia Pedreira, voz e pandeireta, Olga Nogueira, acordeón, Olimpio Xiráldez, gaitas, requinta, e bombo, Anxo Graña, saxo e zanfona, David Rodriguez, trompeta e fliscorno, Manuel Villar, Tuba, Francisco Estévez, percusións, Alfredo Moldes, percusións.