Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Pesar polo pasamento de Amado Domingo "Cubero"

Pesar polo pasamento de Amado Domingo "Cubero"

Varios

cuberoHoxe temos que informar dunha triste nova, esta noite deixounos o facedor da voz de milleiros de gaitas galegas dos últimos case 20 anos, Amado Domingo “Cubero”. Burgalés de nacemento, sentía a gaita galega como algo propio e dedicou parte da súa vida a facer as que moitos consideran as mellores palletas.

A capela ardente permanecerá no Tanatorio Nuevo de la Encina de Ponferrada ata mañá as 17h., cando recibirá sepultura.

Dende a AGG lamentamos fondamente a súa perda.

Que a terra che sexa leve.