Á música galega en Rumboia
RUMBOIA 0: O Gaiteiro de Sto. Xusto – Bruno VillamorIniciamos con este primeiro programa da Rumboia a colaboración da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s con Openradio. Será a Rumboia un espazo para a música tradicional e o folk galego no que iremos presentando a grupos e solitas que aportaron patrimonio á música galega. |
RUMBOIA 1: DurindainaHai grupos, como Durindaina, que deixaron fonda pegada na música tradicional con temas como os que escoitaremos na Rumboia. O Grupo tradicional compostelán, que gravou un único disco, Durindaina (Discmedi, 1995), xurdiu no ano 1984 e formaban parte del Luis Mouriño, gaita, clarinete e percusión; Xoan Porto, gaita, acordeón, percusión e voz; Rafael Moure, tamboril, cunchas e voz; Antonio Pérez, bombo, pandeireta e voz; Camilo Regueiro López, gaita, requinta e percusión. |
RUMBOIA 2: LeilíaO disco, Leilía, (Discmedi, 1994), foi a presentación deste grupo de cantareiras capaces de colocar a voz feminina no panórama emerxente da música galega nos anos 90.. Os seus seguintes traballos: I é verdade i é mentira, (Virgin, 1998) e Madama, (Discmedi, 2003), onde incorporan ademais letras de temática actual. No ano 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican o recompilatorio Son de Leilía, (Leilear, 2005). Ás portas do 2012 sae á luz Consentimento, cos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Cómpre salientar tamén as numerosas colaboracións que Leilía teñen feito con grupos folk galegos: Berrogüetto, Milladoiro ou Budiño e estranxeiros: Kepa Junkera, La Musgaña... |
RUMBOIA 3: Os Carunchos - Montealegre
Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo Os Carunchos, coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, e co obxectivo de integrar na súa música outros instrumentos cada vez máis presentes na música galega, coma a zanfona, que xa dende o comezo acompañou a súa música. Non sería ate o ano 1998 que graven o seu primeiro disco, ¡Ala, que vai!. Nesta Rumboia adiacada aos Carunchos escoitaremos temas do seu traballo Montealegre (2005) no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra. |
RUMBOIA 4: UltreiaEscoitaremos parte do terceiro traballo discográfico de Ultreia, un colectivo cultural que nace en Compostela a principios do ano 1995 con interese na recuperación da música, instrumentos, traxes e danzas tradicionais galegas. Este traballo discográfico é un percorrido pola xeografía galega que nos achega as tradicións musicais de diferentes comarcas. Baixo a dirección de Pablo Carpintero e co nome de Ultreia este traballo discográfico, que formou parte do Proxecto Ronsel como Plan de Recuperación do Patrimonio Inmaterial de Galicia, ocupa esta Rumboia con dous temas recollidos aogaiteiro de Batribán e ao grupo Os Queixas de Cerceda. |
RUMBOIA 5: Susana Seivane
Voltamos ao ano 1999 cando compoñentes de Milladoiro producían o primeiro disco da que sería unha das grandes figuras da música galega. A presentación de Susana Seivane en público foi no ano 1997 en Lugo, nun concerto televisado, con Milladoiro, na praza de Santa María e dende entonces a carreira desta muller foi ascendente. Medrando na familia Seivane e herdando todo o saber do seu avó Xosé, do seu tío Xosé e do seu pai Álvaro apareceu este primeiro disco no mercado ao que sucederían Alma de Buxo (2001), Mares de Tempo (2004), Os soños que volven (2009) e o DVD Susana Seivane e amigos (2015). |
RUMBOIA 6: Paco Barreiro - Dangarandán
Paco Barreiro presenta no ano 2010 o seu traballo discográfico en solitario baixo o título Dangarandán. Este é, seguramente, o único disco no que un solo guitarrista interpreta temas das música tradicional galega. Paco Barreiro é un artista da palabra, da musica, poeta, actor, contador, guitarrista e arregluista, compositor de cancións e bandas sonoras de teatro. Formou parte do grupo Luada e de Anamoura e acompañou a Manuela e Miguel en numerosas ocasións. Nesta Rumboia escoitamos, na guitarra de Paco Barreiro, dous temas imprescidibles no corpus da música galega: A Alborada de Pontecaldelas e a Muiñeira de Chantada. |
RUMBOIA 7: Malvela - Da miña xanela á túa
As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando estas mulleres de Sanguiñeda (Mos - Pontevedra) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía Senlle, non podían imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións. Os seus temas tradicionais e actuais, teñen un afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco. |
RUMBOIA 8 - Chouteira – Chouteira A principios dos anos noventa apareceou Chouteira, un grupo que comezou sendo un quinteto tradicional ate evolucionar á formación máis ampla, sección de metais incluída, coa que rematarían a súa carreira. A súa primeira gravación foi un disco compartido que puideron gravar logo de vencer no IV Certame de música folk de Vilagarcía. Despois chegarían Chouteira, (Do Fol, 1995), Ghuaue, (Do Fol, 1997) e Folla de lata, (Do Fol, 2000), A formación de Chouteira sufriu algunha modificación dende os seus comezos, e na gravación do seu derradeiro traballo o grupo estaba integrado por: Ugia Pedreira, voz e pandeireta, Olga Nogueira, acordeón, Olimpio Xiráldez, gaitas, requinta, e bombo, Anxo Graña, saxo e zanfona, David Rodriguez, trompeta e fliscorno, Manuel Villar, Tuba, Francisco Estévez, percusións, Alfredo Moldes, percusións. |
RUMBOIA 9 - Leña Verde – A Contratempo A Contratempo é o traballo que, no ano 2010, foi producido polo grupo Leña Verde no concello de Pol (Lugo). Un traballo colectivo de veciñas e veciños unidos polo amor á música e á terra que materializaron tres discos ate o de agora. Leña Verde de Pol (1998); Lares (2003) e A contratempo (2010). Leña Verde retomou, no ano 1994, o nome e a actividade dunha agrupación que mantivera a actividade cultural neste Concello lucense nas décadas dos 50 e 60. Daquela formación orixinal seguen no grupo actual José A. Brañanova, como percusionista; e Maruja Rielo desenvolvendo tarefas de produción. |
RUMBOIA 10 - Carapaus – Conservas de música tradicional No ano 2012 publícanse as Conservas de Música Tradicional, primeiro traballo discográfico de Os Carapaus. Un grupo versátil que fai a festa no turreiro, na corredoira, na praza ou dende o escenario. Naquela primeira propostas musical de Os Carapaus participaron: Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional; Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz). |
RUMBOIA 11 - Tiruleque – Outro que tal baila Neste ano 2018, Tiruleque presenta o seu terceiro traballo discográfico Outro que tal baila. Dez temas de composición propia e tradicionais con arranxos do grupo compoñen este disco que nos trae a frescura e calidade musical habitual no grupo coruñés. Tiruleque naceu como banda en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. |
RUMBOIA 12 - Airiños da Freba – O'de Lacón A proposta de Airiños da Freba é unha divertida viaxe musical polas terras de Lugo, principalmente polos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando cuartetos, quintetos e sextetos, diversos conxuntos que xa incorporaban outros instrumentos de vento xunto coa gaita, amenizaban as nosas festas. Con máis de 2.000 copias vendidas deste seu primeiro traballo, gravaron un fermoso vídeo-clip con Antonio Durán Morris sobre o tema O Estraperlista. O Estraperlista é un tema baseado nunha canción popular da Coruña. Para eles, a palabra “freba”, en contraposición á normativa “febra”, identificaos coa provincia de Lugo. E, cando se aplica ás persoas, fano como sinónimo de coraxe, bravura e valentía. E á xente comprometida coa nosa música e cultura tradicional considéranna xente frebuda. Rumboia 12 - con Airiños da Freba |
RUMBOIA 13 - Milesios – Indo e Vindo Milesios, banda que xurde en Lugo no 2009 para pór a nota tradicional no Penela Rock de Monforte. Unidos pola súa afección ás músicas galega e irlandesa, en febreiro de 2013, editan o seu disco de estrea, Alén mar. Catro anos despois presentan o seu segundo disco, Indoevindo gravado, mesturado e masterizado en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero. O traballo continúa a explorar as relacións entre a música galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de composición propia.
|