Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Susana Seivane

O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Susana Seivane

Varios

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos de Susana Seivane. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Voltamos ao ano 1999 cando compoñentes de Milladoiro producían o primeiro disco da que sería unha das grandes figuras da música galega. A presentación de Susana Seivane en público foi no ano 1997 en Lugo, nun concerto televisado, con Milladoiro, na praza de Santa María e dende entonces a carreira desta muller foi ascendente. Medrando na familia Seivane e herdando todo o saber do seu avó Xosé, do seu tío Xosé e do seu pai Álvaro apareceu este primeiro disco no mercado ao que sucederían Alma de Buxo (2001), Mares de Tempo (2004), Os soños que volven (2009) e o DVD Susana Seivane e amigos (2015).