Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Pesar polo pasamento de Daniel Méndez Coroas, o gaiteiro "Daniel do Roxo"

Pesar polo pasamento de Daniel Méndez Coroas, o gaiteiro "Daniel do Roxo"

Varios

Hoxe temos que dar unha triste nova. Faleceu Daniel Méndez Coroas, coñecido como Daniel do Roxo, gaiteiro de sona na bisbarra de Bretoña e tamén na Mariña.

Naceu na Pastoriza e empezou a tocar a gaita de maneira autodidacta sendo rapaz. No ano 2007 recibiu unha emotiva homenaxe da man da agrupación mindoniense Pena do Golpe.

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.

DEP