Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Ultreia

O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Ultreia

Varios

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos de ULTREIA. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Neste programa escoitaremos parte do terceiro traballo discográfico de Ultreia, un colectivo cultural que nace en Compostela a principios do ano 1995 con interese na recuperación da música, instrumentos, traxes e danzas tradicionais galegas. Este traballo discográfico é un percorrido pola xeografía galega que nos achega as tradicións musicais de diferentes comarcas. Baixo a dirección de Pablo Carpintero e co nome de Ultreia este traballo discográfico, que formou parte do Proxecto Ronsel como Plan de Recuperación do Patrimonio Inmaterial de Galicia, ocupa esta Rumboia con dous temas recollidos ao gaiteiro de Batribán e ao grupo Os Queixas de Cerceda .