Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Este domingo o Recuncho Da Palleta estará adicado a Lito de Pinténs

Este domingo o Recuncho Da Palleta estará adicado a Lito de Pinténs

Varios

lumepalleiraDende a AGG queremos lembrar a Lito de Pinténs adicándolle o Recuncho da Palleta do vindeiro domingo á súa persoa. Xaime Estévez será o encargado de guiar esta lembranza.  “Lito”, que naceu na aldea de Pinténs, na parroquia do Hío, foi un gran gaiteiro e mellor persoa, con el foise un referente, un anaco da cultura da gaita, instrumento polo que sempre sentiu paixón e unha devoción que lle fixeron ser inseparables. Unha historia que afonda no orgullo de ser Gaiteiro Galego e que lembraremos o vindeiro domingo a partir das 17.00 horas no  Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira.