Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Foliada de Inverno en Begonte

Foliada de Inverno en Begonte

Varios

foliada inverno_web --A Señora Pandeiro e o Señor Pandeira, están de volta para inaugurar o ano foliadeiro en Begonte (Lugo) cunha nova Foliada de Inverno 2018. Despois do interesante obradoiro de percusión do sur de Italia e concerto dos Brigan, daremos paso á Foliada cos seguintes grupos, Foliadeir@s do Castro como grupo residente, Xaquelogo desde Monterroso e pecharán, desde Palas de Rei, a rapazada dos Fedellos da Ulloa, que tan ben o fixeron na foliada aberta do pasado outono. A foliada comezará sobre as dez da noite.

Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, foliada aberta.

Lembramos que aínda se pode apuntar xente ao obradoiro de percusión, ben a través deste correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; ou chamando ao 616705174.