Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / FOLIÓN NA TRADESCOLA

FOLIÓN NA TRADESCOLA

Varios

folion entroido- 2 - pqO vindeiro martes día 6 de febreiro  a TRADESCOLA fará un Entroido Tradicional cun Folión que partirá dos nosos locais ás 17:00 h. e onde todos os alumnos e alumnas que queiran participar poderán facelo marcando os ritmos do Folión. Faremos paradas para facer danzas de entroido na Praza da Horta do Seminario (17:30h.) e logo no fondo da Praza Maior (18:00h.) e posteriormente voltaremos á Tradescola.

Con esta saída polo centro da cidade pretendemos que todo o público poda participar de maneira activa acompañando os toques do folión e facendo posible que unha das tradicións máis fermosas do tempo de Entroido, e que é unha parte moi importante do noso patrimonio cultural, permaneza viva ao longo do tempo.

Quen queira participar no Folión pode traer bombos ou “ferramenta” (sachos, cunchas, latas, cornos, chocas, axouxeres… o que faga ruido) e se quere practicar os toques antes do día do folión, mañá martes día 30 de xaneiro de 18.00 a 18.30 horas faremos un pequeño ensaio no salón de actos da Tradescola.

Animádevos todas e todos e traede moita gana de troula que está a piques de chegar o ENTROIDO!!