Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXXVI Curso de Cultura Tradicional organizado pola Asociación ‘Cántigas e Frores’ en Lugo

XXXVI Curso de Cultura Tradicional organizado pola Asociación ‘Cántigas e Frores’ en Lugo

Varios

curso cantigas e froresABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA para o XXXVI Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’. Este celebrarase os días 29, 30 e 31 de marzo en Lugo. Este ano contaremos con Marcos Botana para a especialidade de baile tradicional, Marcos ‘Kinhos’ Saburido para percusión tradicional, Pedro Fariñas para gaita galega e María Vidal para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 35€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 45€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.