O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Durindaina
Xoves, 18 Xaneiro 2018 18:26
O vindeiro sábado ás 13.00 horas non te perdas un novo programa da Rumboia, escoitaremos a Durindaina
Hai grupos, como Durindaina, que deixaron fonda pegada na música tradicional con temas como os que escoitaremos na Rumboia. O Grupo tradicional compostelán, que gravou un único disco, Durindaina (Discmedi, 1995), xurdiu no ano 1984 e formaban parte del Luis Mouriño, gaita, clarinete e percusión; Xoan Porto, gaita, acordeón, percusión e voz; Rafael Moure, tamboril, cunchas e voz; Antonio Pérez, bombo, pandeireta e voz; Camilo Regueiro López, gaita, requinta e percusión.