Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Serán en Gargamala e presentación do libro "Mulleres de Gargamala"

Serán en Gargamala e presentación do libro "Mulleres de Gargamala"

Varios

sern gargamalaA parroquia de Gargamala, en Mondariz, acollerá o vindeiro sábado, ás 21.00 horas, o seu serán, no que participan agrupacións de distintos puntos de dentro e fóra da comarca. Será na Casa Cultural de Mourelle, onde tamén, antes do inicio do serán, a partir das 20.00 horas, presentarase o libro "Mulleres de Gargamala" de Xulia Feixó e Guillerme Ignacio.