Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Obradoiro de iniciación ao pandeiro cadrado na Tradescola

Obradoiro de iniciación ao pandeiro cadrado na Tradescola

Varios

cartazobradoiro pandeiro2018_peqIniciamos o ano 2018 cun novo obradoiro na Tradescola!! Branca Villares será a encargada de guiar un obradoiro de iniciación ao pandeiro cadrado que terá lugar o vindeiro domingo día 14 de xaneiro en horario de 10.00 a 14.00 horas e no que se amosarán distintas técnicas e posibilidades deste instrumento de percusión. Este obradoiro, que será de balde para os asistentes previa inscrición, conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.

 

Para inscribirse no obradoiro ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  (as prazas son limitadas).

Esperámosvos!!!