Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto didáctico da Tradescola en Castroverde

Concerto didáctico da Tradescola en Castroverde

Varios

 dsc0213A Tradescola achegouse no día de hoxe ata o CPI de Castroverde para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con este concerto didáctico, a Tradescola pretendeu achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico cun concerto no que todos @s alumn@s de infantil e primaria gozaron coa nosa música.

Os concertos estiveron impartidos polos mestres da Tradescola : Bruno Villamor, Cristina de Castro, Suso Vaamonde  e Miguel Anxo López, que foron os encargados de amosarlles @s alumn@s os instrumentos e formacións musicais da música galega e os distintos ritmos, melodías e bailes protagonistas da música tradicional e popular galega.

 

Imaxes do concerto:

http://www.crtvg.es/informativos/membros-da-tradescola-dan-un-concerto-didactico-para-escolares-en-castroverde