Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES NO CPI DE CASTROVERDE

A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES NO CPI DE CASTROVERDE

Varios

cartaz cdtrad_castroverde-01-01 - pqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase ata Castroverde para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares que terá lugar o vindeiro luns 18 de decembro. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos polos mestres da Tradescola.

Os concertos terán lugar ás 10.35 e as 12:00 horas, e estarán impartidos polos mestres da Tradescola : Bruno Villamor, Cristina de Castro, Suso Vaamonde e Miguel Anxo López, que serán os encargados de amosarlles aos alumnos os instrumentos e formacións musicais da música galega e os distintos ritmos, melodías e bailes protagonistas da música tradicional e popular galega.