Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / "Hoxe hai regueifa” da A.C. Fogo Fatuo de Rianxo

"Hoxe hai regueifa” da A.C. Fogo Fatuo de Rianxo

Varios

cartaz fogo fatuoA C Fogo fatuo representará en Rianxo o vindeiro domingo día 3 de decembro ás 19.00 h. o espectáculo "Hoxe hai regueifa”, un espectáculo que contará coa participación dunhas 40 persoas para representar o que sería unha voda rianxeira de 1908, a de Balbina Lorenzo e Farruco Saavedra. A través de cancións, bailes e contos, permitirá que o espectador se achegue a unha cerimonia nupcial do século XIX na vila.

Este espectáculo representa un acontecemento insólito que tivo lugar nesta vila rianxeira en 1908; referímonos a unión matrimonial de dúas persoas ben coñecidas e significativas, como foi: don Farruco Saavedra da parroquia de Araño que tiña por oficio, nada máis e nada menos, que “Ghaiteiro” quen cortexou, entre outras moitas mozas da contorna, a señorita Balbina Lorenzo, filla do influente Don Pedro Lorenzo, quen se criou rodeada de comodidades, nunha familia ben acomodada da época en Rianxo. Esta “vinculeira” que atesouraba unha gran riqueza non atopaba parella axeitada, cando apareceu o demo de Balbino coas súas artes de gaiteiro.... o que desencadeou nunha gran regueifa que aínda se recorda en Rianxo.

"Hoxe hai regueifa” ; Lembrade o domingo 3 de decembro ás 19.00 horas no Auditorio de Rianxo!!