III Curso de Música Tradicional Galega “Monográfico sobre os Ancares”, en Ribadeo
Luns, 27 Novembro 2017 16:32
A asociación cultural Ronqueta organiza o III Curso de Música Tradicional Galega “Monográfico sobre os Ancares”, que terá lugar en Ribadeo os días 20 e 21 de xaneiro do 2018. Este curso impartirase nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza, e terá especialidades de gaita, percusión, canto e pandeireta e baile.
As prazas son limitadas a un mínimo de 10 persoas por especialidade e un máximo de 15 en gaita, máximo de 20-22 en percusión, canto e pandeireta e baile. As prazas serán atendidas pro rigorosa orde de entrega e formalización da cota, que é de 45 euros para o alumnado da EMMeD e de 50 euros para o resto.
Pepe Vaamonde será o encargado de impartir as clases de gaita; Davide Salvado as de canto e pandeireta; Miguel A. López “Chino” as de percusión e Javier Feijoó “Xisco” as de baile.
Máis info en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo