Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario no Castro - Begonte - Lugo.
Luns, 27 Novembro 2017 16:24
O vindeiro dous de decembro terá lugar a Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario no Castro - Begonte - Lugo.
Comezará a xornada cun Obradoiro dedicado nesta ocasión ao baile tradicional, e máis concretamente, á construción de puntos para as foliadas, coñecementos que se poderán aplicar logo na foliada da noite. O curso vai ser impartido polo grande Xabier Iglesias e comezará sobre ás sete da tarde. O prezo será de 10€ para persoas non socias, mentres que para as asociadas (soci@s de Castiñeiro Milenario) será de balde. As prazas son limitadas, e pódeste apuntar polas canles habituais, facebook, o correo electrónico ou no teléfono 616705174.
Ao rematar o obradoiro, sobre as nove da noite, teremos uns petiscos para repoñer ou coller forzas para a derradeira foliada do ano, nesta ocasión teremos aos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte e Asociación Musical e Cultural Milesios da Terra Chá. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.
Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa e aos grupos que participan nesta Foliada de Outono.
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/