2ª Edición das xornadas culturais "A Gaita no Mar"
Mércores, 22 Novembro 2017 15:30
O vindeiro domingo 03 de decembro teremos o placer de celebrar as unha nova edición das Xornadas A Gaita no Mar, coas que queremos recoñecer a gran contribución que fixeron moitos mariñeiros galegos no espallamento polo mundo da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo. Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros e moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita. O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar, senon que o que estes mariñeiros acadaron foi moito mais, eles levaron a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,… Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.
Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.
Para coñecer esta realidade máis de preto dende Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos o vindeiro sábado 03 de decembro pola maña unha nova edición da Xornada: "A Gaita no Mar", que nesta ocasión terá lugar no Concello de Rianxo.
Estamos pechando o programa, así que estade atentos que en breve publicaremos todos os detalles.