A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a vindeira fin de semana no Concello de Narón, unhas xornadas de percusión
Xoves, 09 Novembro 2017 15:17
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro sábado 18 de novembro de 2017, unhas Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estas xornadas están subvencionadas pola Deputación de A Coruña, e contan coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón.
XORNADAS DE PERCUSIÓN
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza un ano mais estas xornadas sobre Percusión Tradicional que nesta ocasión terá de protagonista á percusión de man.
Contaremos con obradoiros a cargo de profesionais no mundo da percusión como Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio que impartirán un obradoiro teórico-práctico sobre o pandeiro cadrado na Galiza, Xermán Muiños cun obradoiro de pandeira e Fransy González que nos amosará os toques de pandeireta e o canto en Bergantiños. E como novidade, este ano estas xornadas servirán tamén de marco para acoller a presentación do novo traballo “O Tamborileiro Técnico”, que será presentado en primicia polo seu autor Marcos Saburido “Kinhos” que virá acompañado por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, responsable da edición do libro.
Os obxectivos destos obradoiros son:
Aprender bases técnicas destes instrumentos e as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días.
Crear un punto de encontro para poñer en contacto e establecer unha continua comunicación entre aquelas persoas relacionadas co mundo da percusión tradicional galega.
Estudar as formas e usos destes instrumentos de percusión dentro da música tradicional galega e as súas variantes locais.
Divulgar estos instrumentos e promover o seu coñecemento.
PROGRAMA
10.00 – Apertura e entrega de documentación
10.10 – Obradoiro I: “O pandeiro cadrado na Galiza”. Xulia Feijoo e Guillerme Ignacio
13.10 – Descanso
13.20 - Presentacións de publicacións: “O tamborileiro técnico”. Juan Luna e Marcos Pérez “Kinhos”
14.00 – Xantar
16.15 – Obradoiro II: “Achegamento á pandeira en Galicia: ritmos, xeitos e tonos”. Xermán Muiños
18.15 – Descanso
18.30 – Obradoiro III: “Pandeireta e canto en Bergantiños”. Fransy González
20.30 – Peche
INSCRICIÓNS:
Estas xornadas son de balde previa inscrición.
As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.
@s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.
As prazas son limitadas por orde de inscrición.
Para máis información e reservas: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s 986847074/982229966