Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / A Banda Cultural de Música de Salceda de Caselas presenta: de Tradición...con Suso Vaamonde

A Banda Cultural de Música de Salceda de Caselas presenta: de Tradición...con Suso Vaamonde

Varios

suso vaamonde con bandaO vindeiro 5 de novembro, ás 17:00 h, no patio do Museo do Coiro (Allariz) terá lugar a presentación do espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde".

Trátase dunha simbiose entre a Banda Cultural de Música de Salceda de Caselas e Suso Vaamonde como solista invitado. O programa compóñeno temas populares e tradicionais galegos interpretados con banda de música e instrumentos populares galegos, interpretados por Suso. Estes van dende a gaita, zanfona, acordeón… pero tamén. asubío, tarrañolas, pandeiretas, birimbao, carrizo, castañeta…

O concerto será presentado polo mesmo Suso, e durante o mesmo, nun ton humorístico, iranse interpretando os temas (arranxados polo seu director Juan Lois Diéguez), e explicando a historia dos instrumentos máis descoñecidos, falando tamén da procedencia dos temas en sí (algúns son tamén de autor).