Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Obradoiros para artesáns sobre a construción de instrumentos medievais adaptados ao século XXI

Obradoiros para artesáns sobre a construción de instrumentos medievais adaptados ao século XXI

Varios

0 17022_1A Deputación de Lugo pon en marcha un proxecto que recolle a investigación, construción, difusión, interpretación e divulgación de instrumentos musicais da Idade Media e que ofrece a profesionais obradoiros gratuitos sobre a construción e interpretación de instrumentos medievais adaptados ao século XXI. 

Investigación

Grazas ao traballo previo de investigación, enmarcado na primeira fase deste proxecto, que realizaron os propios mestres artesáns do CentrAD da Deputación de Lugo, poderanse construír estes instrumentos. Estes foron capaces de replicar instrumentos medievais que aparecen reflexados en esculturas en pedra de emblemáticos lugares como Pórtico da Gloria, a Catedral de Lugo ou o Pazo de Xelmírez, e logo elaborar os planos necesarios para construír instrumentos medievais para músicos contemporáneos.

Formación sobre a construción

Campos Conde explicou que “damos un paso máis neste pioneiro proxecto, poñendo en marcha agora a fase de formación, ofrecendo aos 30 mellores profesionais 6 obradoiros gratuítos, que serán impartidos por reputados Luthiers, nos que poderán aprender a construír estes instrumentos medievais adaptados aos século XXI, que xorden das investigacións dos mestres artesáns da Deputación de Lugo”.

E é que debido á súa alta especialización, estes obradoiros están dirixidos a profesionais. Os interesados deben enviar o seu curriculum e facer a súa solicitude a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Unha comisión técnica valorará a formación e traxectoria profesional para a selección dos participantes. Son 5 prazas por obradoiro, que se desenvolveran nas instalacións do CentrAD na capital luguesa.

1.- Obradoiro de GIGA e de Rota. Terá lugar do 30 de outubro a 11 de novembro. O titor é Christian Rault.

2.- Obradoiro de viola oval con arco. Do 27 de novembro ao 2 de decembro. Impartido por Xermán Arias.

3.- Obradoiro de Cítola. Do 27 de novembro ao 2 de decembro. Impartido por Antonio Franco Carreira.

4.- Obradoiro de viola oval (II). Do 15 ao 27 de novembro. Impartido por Antonio Franco Carreira.

5.- Obradoiro de Zanfona. Do 11 de febreiro ao 2 de marzo. Impartido por Antonio Franco Carreira.

6.- Obradoiro de Salteiro. Tamén terá lugar en febreiro e marzo. Os titores serán Carlos Paniagua e Begoña Olavide.

Os proxectos estarán coordinados por Luciano Pérez, mestre artesán do CentrAD.

Podes consultar toda a informacion no seguinte enlace:

http://www.deputacionlugo.org