Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XIX MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XIX MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

Varios

presentacin xix mostra de msica tradicional galega da aggUn total de 14 grupos de música tradicional galega encherán as rúas do casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza de novo a que será a XIX edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 14 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.Os grupos participantes son os seguintes:A Volta do Agro (Lugo)Axeigo  (Lugo)Caivanca (Lugo)Donaire (A Coruña)Estiño   (Allariz)Folquiada (Lugo)Os Melidaos  (Melide)Os Sin Son Ghaiteiros (Deza)Os Terribles de Donas (Val Miñor)Raigames (Vigo) Reviravolta (Lugo)Ultreia (Santiago de Compostela)Xaora   (Lugo)Xaramolo (A Mariña).

Pola mañá os 14 grupos sairán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A fotografía correspóndese a presentación da mostra, e nela está Xoan Manuel Tubío, (presidente da AGG) acompañado de compoñentes de distintos grupos que participarán o domingo na XIX Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas.

De esquerda a dereita: María Piñeiro (do grupo Axeigo), Lis Latas (Reviravolta), Pepe Romero (Folquiada), Nuria Felpeto e Jose Carlos Fdez (Xaora), Xabier Otero (Caivanca) e Xoan Manuel Tubío (presidente da AGG)