Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / IX Xornada de Cultura Popular Galega - "Sobre mares e músicas populares" organizada pola A.F.C. Berros do Castro

IX Xornada de Cultura Popular Galega - "Sobre mares e músicas populares" organizada pola A.F.C. Berros do Castro

Varios

ix xornada de cultura popular galegaA IX Xornada de Cultura Popular Galega "Sobre mares e músicas populares"organizada pola A.F.C. Berros do Castro terá lugar o vindeiro domingo 1 de outubro na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
Horarios Obradoiro: de 10.00 h a 18.00 h. Concertos: a partir das 20.00 h
Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas de 2017 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición “Mar”, que recolle unha selección de imaxes do fotografo Kiko Delgado sobre a costa de Ferrolterra. O segundo dos bloques ten carácter didáctico, e incorpora
un obradoiro de afinación para gaita de fol, impartido polo músico Daniel Bellón. No terceiro dos bloques inclúense as actuacións de Daniel Bellón cos alumnos do obradoiro, o grupo de cantareiras “Faragull@s” (Ferrol) e o cuarteto de música tradicional “Os Enxebres de Cacheiras” (Santiago de Compostela).

Máis información:https://www.facebook.com/events/345301275922033/?acontext=%7B%22action_history%22%3A%22