Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O Recuncho da Palleta deste domingo estará adicado a lembranza de Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita)

O Recuncho da Palleta deste domingo estará adicado a lembranza de Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita)

Varios

lume palleira_15anosO Recuncho da Palleta deste domingo estará adicado a lembranza de Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita), socio fundador da AGG e que foi unha figura clave nos inicios da nosa Asociación.

Mingos participou, xunto con outros gaiteiros e artesáns da súa xeración, nas primeiras xuntanzas que se levaron a cabo en Ortigueira e Melide, cunha común preocupación que era defender e dignificar a figura do noso instrumento nacional, a gaita, e por suposto a figura do gaiteiro.

Da man de Vítor Otero, e coa intervención de Xaneco Tubío e outras persoas achegadas á súa figura, lembrarán a inmensa traxectoria e os numerosos traballos deste activista cultural melidense.

Lembrade o domingo ás 17.00 horas!!!!