XII Festa da pandeira Piornedo
Venres, 25 Agosto 2017 11:27
A Asociación Cultural o Teixeiro organiza a XII Festa da pandeira que terá lugar mañá sábado 26 de agosto de 2017 en Piornedo e na que se darán cita tocadoras de Lugo, Asturias e Castela e León.
Contarán co seguinte programa:
11.30h. Obradoiro de baile con pandeira. Imparte Xabier Iglesias Castro. De balde
· 13.00h. Acollida. Chegada das tocadoras e colaboradoras a Piornedo dende os seus lugares de residencia
· 14.00h. Xantar homenaxe, para reforzar lazos de fraternidade. Escola de Piornedo
· 16.00h. Charla-coloquio sobre a pandeira. Asistencia libre. A cargo de Rafael Busto (Ponferrada) e Xermán Muiños (Santiago de Compostela), coa participación das tocadoras que o desexen·
. 17.00h. Actuacións das tocadoras e grupos participantes. Quintario das ovellas de Piornedo
· 20.00h. Interpretacións espontáneas por parte do público que queira sumarse
· 22.00h. Polavila. Música e baile nocturno na escola de Piornedo
Mais información en: https://festadapandeira.wordpress.com/
Non faltedes!!