Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación do libro Cd “ Aires da Nosa Terra” - homenaxe a Ramón Carou

Presentación do libro Cd “ Aires da Nosa Terra” - homenaxe a Ramón Carou

Varios

cartel rexioanalista pqDende a Asociación Socio-Cultural FOGO FATUO infórmannos da I edición do Ciclo de “MEMORIA VIVA DE RIANXO” o 2 de setembro do 2017 ás 21.30 horas na praza de –Rafael Dieste- de Rianxo.

Ramón Carou os seus 87 anos recibira unha mais que mececida homenaxe na súa vila natal... arroupado polos seus veciños e entidades musicais da contorna de Rianxo. No acto levarase a cabo a presentación do libro Cd “ Aires da Nosa Terra” - homenaxe a Ramón Carou, unha nova publicación da Asociación a Regionalista de Teo que recolle a traxectoria musical deste gaiteiro que formou parte do mítico cuarteto Rianxeiro. Na presentación contarán coa intervención dos seus autores José Mª Cebeiro Fernández e Xosé Francisco Noia Souto e de moitos grupos  e amig@s que participan na homenaxe.
Esta é unha proposta cultural a desenvolver pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Asociación a Regionalista de Teo, o Concello de Rianxo e a Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización.
Coa colaboración de diversos, compañeiros, grupos e entidades realizarán unha viaxe ao pasado de máis de trinta anos da man do noso protagonista, don Ramón Carou Romero.

Ademais a partir das 20:00 abriran unha exposición nos baixos da biblioteca municipal situada na mesma praza na que se poderá facer un percorrido pola traxectoria de Ramón Carou.

Logo da presentación algunhas das agrupacións que participan no CD interpretarán a peza do mesmo, así gozarase das actuacións deVai de Roda Rio De Anxo Os Mersenarios Banda de Gaitas Buxaina Os Perucos ou A restreba entre outros.

A realización deste traballo, nuns tempos en que os informantes da tradición do país só perviven na nosa memoria, outórgalle ao mesmo unha vital importancia nunha sociedade cada vez máis global.