Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concertos / Os Terribles de Donas e as Pandereteiras de Monteboi hoxe en Baiona

Os Terribles de Donas e as Pandereteiras de Monteboi hoxe en Baiona

Concertos

 osterriblesHoxe xoves 13 de xullo na praza do concello de Baiona Os Terribles de Donas farán un concerto coa colaboración das pandereteiras de Monteboi. O concerto, que comezará ás 23:00 horas, está incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

A música tradicional de “Os Terribles de Donas” recolle unha tradición e unha historia propia e singular que están reconstruíndo no presente, para ter tamén un futuro propio, no que a súa singularidade teña cabida no mundo como algo distinto e apreciable.