Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Debuxos finalistas do V certame de debuxo da Tradescola

Debuxos finalistas do V certame de debuxo da Tradescola

Varios

mosaicoActualmente temos expostos na TRADESCOLA todos os debuxos que foron realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino do Concello de Lugo que participaron no certame. Son preto de 800 debuxos feitos por nenas e nenos que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.

Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa quinta edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.

Se queredes visitar a exposición, podedes facelo nos locais da Tradescola ( no CENTRO LUG 2, na Rúa Pintor Corredoira nº 4, de Lugo) en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas (de luns a venres) ata o vindeiro 30 de Xuño. A partir do día 15 de Xuño poderanse consultar os debuxos finalistas na páxina web da Asociación de Gaiteiros Galegos http://gaiteirosgalegos.gal/.

15/06/2017 :Podes ver os debuxos finalistas do certame no seguinte enlace:

https://www.facebook.com/pg/tradescola/photos/?tab=album&album_id=1138856372885244