Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA IMPARTIRÁ OBRADOIROS DE PANDEIRA E DE INICIACIÓN A TÉCNICAS DE TAMBOR E BOMBO

A TRADESCOLA IMPARTIRÁ OBRADOIROS DE PANDEIRA E DE INICIACIÓN A TÉCNICAS DE TAMBOR E BOMBO

Varios

cartazobradoiros percusion2017-01 - pqBranca Villares e Miguel Anxo López (Chino) serán os encargados de impartir estos obradoiros que terán lugar na Tradescola (Rúa Pintor Corredoira 4- Lugo) os vindeiros días 3 e 4 de xuño.

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, impartirá dous novos obradoiros de percusión tradicional os vindeiros días 3 e 4 de xuño de 2017. Estos obradoiros, que serán de balde para os asistentes previa inscrición, contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretenden achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.

Branca Villares será a encargada de guiar o obradoiro de pandeira, que terá lugar o sábado día 3 de xuño en horario de 16.30 a 19.30 horas e no que se amosarán distintas técnicas e posibilidades deste instrumento de percusión.

Ao día seguinte, en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, será Miguel Anxo López Buján o encargado de impartir un obradoiro de iniciación a técnicas de tambor e bombo.

Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (as prazas son limitadas).