Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / XI Noite de Fiadeiro

XI Noite de Fiadeiro

Varios

 

cartel noite de fiadeiro 2017 pqO vindeiro día 13 de Maio celebrarase en Ramirás (Ourense), por decimo primeiro ano consecutivo, a Noite de Fiadeiro. Esta festa nacía no ano 2007 coa intención de recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e tamén mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia e Socitransa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Para o vindeiro 13 de Maio a organización elaborou un  programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, pasacalles, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. De novo retomaremos o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. As 21 h. máis de 30 colectivos de música tradicional chegarán a Vilavidal procedentes de todos os recunchos da xeografía galega para comezar a actividade central, esto é a Noite de Fiadeiro. 

Máis  información en: www.noitedefiadeiro.com

 Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica ao uso, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite tal e como se facía antano.