Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Cantos de taberna en Pontedeume

Cantos de taberna en Pontedeume

Varios

cantos taberna pontedeumeO sábado 6 de maio, Airiños do Eume organiza a que será a primeira edición en Pontedeume dos Cantos de Taberna, evento no que grupos de diferentes lugares da xeografía galega ambientarán diferentes locais de hostalería da vila con pezas tradicionais populares ao longo do día, habendo dous pases diferentes: o primeiro, de 12:00h a 15:00h,  e o segundo de 19:00h a 22:00h.

A xornada rematará cunha gran foliada, que xunto co xantar común que terá lugar  tras o pase matutino, será o nexo de unión entre os diferentes grupos, que teñen como único obxectivo pasar unha boa xornada.

As agrupacións que participarán do evento son as seguintes: Son d´aquí (A Coruña), O Birloque gaiteiros (A Coruña), As viquingas (Santiago) , Aires de Sigrás (Cambre) , No Cómbaro (As Pontes), Gaita Escola de Mondoñedo, Cantareiros do Naval (Oleiros) , Lame nas cunchas (Ferrol) , Viute o Demo (Sada) e como non Airiños do Eume. Como se pode observar, nin variedade nin calidade musical van faltar para amenizar a que se agarda que sexa unha gran xornada de tradición galega na vila de Pontedeume.