Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / 1ª FESTA MIUDIÑA

1ª FESTA MIUDIÑA

Varios

festa miudiaA Cooperativa Miudiño convídavos a compartir unha emocionante xornada en familia onde haberá música, obradoiros, contos, xogos e  brinquedos, nun fermoso entorno natural como é  o Parque Forestal do Monte dos Pozos, Valladares-VIGO, o vindeiro domingo 23 de abril dende ás 11:00 da mañá ata ás 20:00h do serán.

Programa:

11:00. APERTURA DA FESTA

12:00. “FÍOS DO QUERER” Cé orquestra pantasma (0 a 5 anos)

13:15. OBRADOIRO DE TOCADORES DE FOLLA

14:00. Peche das actividades da mañá e parada para Xantar.

16:30. “O XOGUETEIRO” Cé orquestra pantasma (tódolos públicos)

18:30. “A MÚSICA DAS ÁRBORES” con Anxo Moure e Servando Barreiro.

Ao longo de todo o día

XOGANDO MIUDIÑO (Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais)

OBRADOIRO DE BRINQUEDOS (Creación libre)

TENDA MIUDIÑA (Xogos e xoguetes Miudiño, Fíos do querer…)

CICLOBIBLIOTECA (Espazo de lectura)

*Podes traer o teu xantar ou reservar no restaurante do parque Tel 986469442

*Se chove a festa realizarase na Casa do Montes de Valadares, ao lado do Adro Parroquial.

Organiza: Miudiño S. Coop. Galega.

Colabora: Montes Vigo e Montes Veciñais en Man Común Valladares- VIgo

Máis información en www.miudinho.gal