Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Homenaxe a Ricardo Portela, 25 aniversario do seu pasamento

Homenaxe a Ricardo Portela, 25 aniversario do seu pasamento

Varios

ricardo portela homenaxeO vindeiro 24 de marzo cúmprese o 25 aniversario do pasamento de D. Ricardo Portela Bouzas (Viascón 1920-Pontevedra 1992), unha data moi importante para a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s xa que falamos do seu Presidente fundador e Presidente de Honra. Co gallo da efeméride realizaranse distintas actividades conmemorativas nas que participará a AGG en Cerdedo-Cotobade e máis en Pontevedra, que foron impulsadas por Oscar Ibañez, e nas que colabora a Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, Deputación de Pontevedra, a través da Área de Cultura, Concello de Pontevedra e Concello de Cerdedo-Cotobade.

Os actos previstos iniciaranse en CERDEDO-COTOBADE ás 12.30 horas cando terá lugar unha Ofrenda floral no busto de Ricardo Portela. Praza do Concello, Carballedo.

Pola tarde, xa en PONTEVEDRA, ás 17:00 horas haberá pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e Foula. As 18.30 h descubrirase unha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8 e ás 21:00 h terá lugar unha Gala homenaxe no Teatro Principal que estará conducida por Ramon Pinheiro na que se presentará o CD “Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela 25 Aniversario Pasamento” de Oscar Ibáñez, ademáis de outras entrevistas e actuacións musicais.